viernes, 27 de mayo de 2016

GAÑADORES CONCURSO

Os gañadores do concurso "A lingua sabe a historia. A historia sabe a lingua", foron os alumnos de 4º ESO:

- Dariel Pardo.
- Raul Parrado.
- Crístina Gómez.

Parabens aos tres.

sábado, 14 de mayo de 2016

BASES CONCURSO “A HISTORIA SABE A LINGUA. A LINGUA SABE A HISTORIA”.

1º.- O concurso levarase a cabo a Semana das Letras Galegas (do 18 ao 20 de maio).
2º.- Os alumnos que participarán son todos os de 3º e 4º da ESO.
3º.- O profesor encargado deberá facer grupos de 2 ou 3 persoas, nos que como mínimo un dos integrantes teña teléfono móbil con datos.
4º.- O móbil, con datos, que se vaia usar no concurso deberá ter instalada a aplicación kahoot, que permitirá contestar as preguntas.
5º.- Desenvolvemento do concurso: cada grupo deberá contestar 10 preguntas tipo test cunha soa resposta válida, sobre a exposición que está na entrada do instituto.
As preguntas aparecerán no televisión que está o lado do despacho do vicedirector. As respostas marcaraas cada grupo no móbil.
 A aplicación dará una puntuación a cada grupo que depende da corrección da resposta e o tempo que se tarda en contestar, as respostas correctas e máis rápidas teñen mellor puntuación.
6º.- O equipo gañador de cada clase irá a unha final que se desenvolverá martes 24 de maio ás 12:35 h.
7º.- O gañador da final terá un premio dun vale para gastar nunha tenda de depotes por importe total de 40€. O segundo clasificado conseguirá consumicións na cafetería do centro.
HORARIO DA PRIMEIRA ROLDA:

Mércores 18
Xoves 19
Venres 20
8:45-9:35

4ºA Sara
3ºA Esther
9:35-10:25

4ºC Auri

10:25-11:15


4ºB Sara
recreo



11:45-12:35
4PDC Mavisa


12:35-13:25
3ºC Gracia
3ºB Cobas

13:25-14:15
3ºD Cobas
4º D María

jueves, 28 de abril de 2016

CEIP Anexa

Recibimos a visita dos alumnos do CEIP Anexa, nela puideron ver unha cociña con lareira con todos os utensilios, os aparellos para o traballo no campo, o taller dunha modista e dun carpinteiro. Obxectos curiosos coma un ferro de pasar feito na Alemaña nazi, coma se pode observar na esvástica que ten na súa parte superior ou mesmo unha radio Marconi fabricada en España pero con patente inglesa no ano 1948, tamén atopamos vetillos, un xugo, ferrados, peneiras e un sin fin de obxectos utilizados na nosa historia máis recente.

ESTADES TODOS CONVIDADOS A VIR!!!

jueves, 31 de marzo de 2016

Visita dos nosos veciños da Anexa

Os vindeiros días 13 e 15 de abril visitarannos alumnos de 1º e 2º de primaria do colexio da Anexa.
Sodes todos moi benvidos!!!

viernes, 19 de febrero de 2016

E este é o resultado da recolleira feita coa colaboración dun amplo número de persoas, todas elas relacionadas co IES Ollos Grandes de Lugo. A todas elas moitas grazas por todo o feito, en especial a Manguis por ese debuxo perfecto e a Marisa pola súa colaboración en todo o montaxe, sen esquecernos de todos os que aportastes ese material de gran valor. Moitas grazas a todos!!!!







A lingua sabe a historia. A historia sabe a lingua.


Despóis dunha chuvia de ideas e unha votación moi axustada, este é o título decidimos poñer a nosa exposición.